デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 7月20日 23時31分


#RCDEPORTIVO | Visita institucional do Consello de Administración do RC Deportivo ao Concello da Coruña

O Presidente do RC Deportivo, Álvaro García Diéguez, acompañado polos Conselleiros Álex Bergantiños, Carlos Ballesta, Michelle Clemente, Vicente Fernández e David Villasuso, foi recibido esta mañá pola Alcaldesa da Coruña, Inés Rey, no Palacio Municipal de María Pita nunha visita institucional ao @coruna_gal.

O Consello de Administración deu conta á rexedora, que estivo acompañada por Gonzalo Castro, Tenente de Alcalde, e Manuel Vázquez, Concelleiro de Deportes, dos retos que afrontan nesta nova etapa e da liña de actuacións que seguirán a partir desta temporada. Inés Rey, pola súa banda, puxo de manifesto a plena vontade do Concello de colaborar nas diferentes accións que sexan expostas entre ambas as institucións "en favor da cidade e do deportivismo".

Club e alcaldía abordaron os detalles do Trofeo #TeresaHerrera 2023, no que serán homenaxeados Álex Bergantiños, trala súa retirada do fútbol profesional, e as lendas branquiazuis Bebeto e Mauro Silva, na temporada do 30º aniversario da súa conquista do título mundial sendo xogadores do #Dpor.

O trofeo celebrarase o próximo 5 de agosto no Estadio #ABANCARIAZOR e enfrontará ao #DporABANCA contra o Deportivo Alavés Gloriosas (17:00 horas) e ao #Dpor fronte ao Red Bull Bragantino brasileiro (19:30 horas). "A nosa ilusión como organizadores deste torneo é que o #TeresaHerrera sexa unha gran festa do deportivismo", sinalaron ambas as partes.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,550

15

2023/7/20

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人