デポルティーボ・ラ・コルーニャさんのインスタグラム写真 - (デポルティーボ・ラ・コルーニャInstagram)「#OSNOSOS | O #Dépor traballa en #ABANCARIAZOR co obxectivo de "ser fortes defensivamente" en Castellón  O #Dépor realizou esta mañá en #ABANCARIAZOR a primeira das dúas sesións previstas esta semana (a outra será o sábado 10 de abril) en #ANOSACASA.  En rolda de prensa xusto antes de saltar ao céspede, Max Svensson advirte que "temos que saber sufrir" en Castalia este domingo 11 de xuño ás 18:00 (@tvgalicia 2 e InSports.tv), na volta da semifinal do playoff de ascenso.  O dianteiro deportivista, autor do tanto que dá vantaxe aos branquiazuis na eliminatoria, vaticina un rival que "sairá a por todas a facer un gol".  Ademais, Svensson cre fundamental no estadio castellonenco "ir nós a marcar" e "facernos fortes defensivamente".  Baixo estas premisas, Rubén de la Barrera dispuxo unha mañá, tralo quecemento, de alta carga táctica, con varios exercicios enfocados xa ao encontro, con continuos cambios de posicións e futbolistas.  Unha serie de partidos en espazo reducido puxo o punto e final á xornada de hoxe xoves, con Quiles como único futbolista fóra do grupo e con David Mella como representante de #ANOSACANTEIRA ás ordes de Rubén de la Barrera.  Mañá venres, o #Dépor regresa a #Abegondo a partir das 10:30, con almorzo para futbolistas e técnicos a partir das 9:00.」6月8日 22時04分 - rcdeportivo

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 6月8日 22時04分


#OSNOSOS | O #Dpor traballa en #ABANCARIAZOR co obxectivo de "ser fortes defensivamente" en Castellón

O #Dpor realizou esta mañá en #ABANCARIAZOR a primeira das dúas sesións previstas esta semana (a outra será o sábado 10 de abril) en #ANOSACASA.

En rolda de prensa xusto antes de saltar ao céspede, Max Svensson advirte que "temos que saber sufrir" en Castalia este domingo 11 de xuño ás 18:00 (@tvgalicia 2 e InSports.tv), na volta da semifinal do playoff de ascenso.

O dianteiro deportivista, autor do tanto que dá vantaxe aos branquiazuis na eliminatoria, vaticina un rival que "sairá a por todas a facer un gol".

Ademais, Svensson cre fundamental no estadio castellonenco "ir nós a marcar" e "facernos fortes defensivamente".

Baixo estas premisas, Rubén de la Barrera dispuxo unha mañá, tralo quecemento, de alta carga táctica, con varios exercicios enfocados xa ao encontro, con continuos cambios de posicións e futbolistas.

Unha serie de partidos en espazo reducido puxo o punto e final á xornada de hoxe xoves, con Quiles como único futbolista fóra do grupo e con David Mella como representante de #ANOSACANTEIRA ás ordes de Rubén de la Barrera.

Mañá venres, o #Dpor regresa a #Abegondo a partir das 10:30, con almorzo para futbolistas e técnicos a partir das 9:00.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,920

6

2023/6/8

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人