デポルティーボ・ラ・コルーニャさんのインスタグラム写真 - (デポルティーボ・ラ・コルーニャInstagram)「#OSNOSOS | O #Dépor prepárase desde hoxe luns para, en Castalia, "ter respostas a todo aquilo que poida suceder"  O #Dépor adestrouse esta mañá na Cidade Deportiva xa de cara ao partido de volta da semifinal do playoff de ascenso, o vindeiro domingo 11 de xuño ás 18:00 en Castalia.  "O de hoxe (por onte) xa pasou e agora, a pensar no seguinte. Hai que preparar moi ben a volta, ter respostas a todo aquilo que poida suceder e veremos quen parte de inicio e quen non parte de inicio", comentou en rolda de prensa Rubén de la Barrera ao concluír o partido de ida en #ABANCARIAZOR.  Como é habitual, na sesión desta mañá o cadro branquiazul estivo dividido en dous grupos.  Os titulares onte tiveron unha xornada de recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.  Para os demais membros do cadro deportivista, a mañá foi de alta carga física, cun quecemento, roldo, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido para concluír.  Ante os medios de comunicación, o técnico coruñés advirte que "os obxectivos os logran non soamente os once que saen senón os que achegan desde o banco".  Nesta liña, cre que a clave é que "aquel que lle toca xogar 1 minuto, 2 ou 23 salga e faga o que ten que facer para axudar ao equipo".  Mañá martes haberá xornada de descanso. #OsNosos adestraranse de novo o mércores 7 de xuño ás 10:30 en #Abegondo, con almorzo previo a partir das 9:00 xa na propia instalación branquiazul.」6月5日 21時12分 - rcdeportivo

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 6月5日 21時12分


#OSNOSOS | O #Dpor prepárase desde hoxe luns para, en Castalia, "ter respostas a todo aquilo que poida suceder"

O #Dpor adestrouse esta mañá na Cidade Deportiva xa de cara ao partido de volta da semifinal do playoff de ascenso, o vindeiro domingo 11 de xuño ás 18:00 en Castalia.

"O de hoxe (por onte) xa pasou e agora, a pensar no seguinte. Hai que preparar moi ben a volta, ter respostas a todo aquilo que poida suceder e veremos quen parte de inicio e quen non parte de inicio", comentou en rolda de prensa Rubén de la Barrera ao concluír o partido de ida en #ABANCARIAZOR.

Como é habitual, na sesión desta mañá o cadro branquiazul estivo dividido en dous grupos.

Os titulares onte tiveron unha xornada de recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.

Para os demais membros do cadro deportivista, a mañá foi de alta carga física, cun quecemento, roldo, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido para concluír.

Ante os medios de comunicación, o técnico coruñés advirte que "os obxectivos os logran non soamente os once que saen senón os que achegan desde o banco".

Nesta liña, cre que a clave é que "aquel que lle toca xogar 1 minuto, 2 ou 23 salga e faga o que ten que facer para axudar ao equipo".

Mañá martes haberá xornada de descanso. #OsNosos adestraranse de novo o mércores 7 de xuño ás 10:30 en #Abegondo, con almorzo previo a partir das 9:00 xa na propia instalación branquiazul.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield) 更年期に悩んだら

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,306

5

2023/6/5

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人