デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 4月28日 21時31分


#OSNOSOS | O #Dpor viaxa o sábado a Córdoba coas baixas de Pepe e Lucas pero "con confianza plena nos que saian"

O Deportivo realizou esta mañá o último adestramento na Coruña antes do partido do próximo domingo 30 de abril no Nuevo Arcangel de Córdoba (20:00 horas, InStats.tv), correspondente á 34ª xornada no grupo 1º de #PrimeraFederacin.

Ao concluír o traballo de hoxe, Óscar Cano convocou a 21 futbolistas que mañá sábado á primeira hora da mañá viaxarán en avión a Sevilla e adestraranse pola tarde, ás 18:00, na Cidade Deportiva do Córdoba CF - Rafael Gómez.

Causa baixa Lucas Pérez, sancionado ao ver a pasada fin de semana ante a AD Ceuta FC o seu 5ª cartón amarelo que lle obrigará a cumprir un partido de sanción. Tampouco viaxa Pepe Sánchez, na recta final da súa recuperación.

Debido a que o adestramento de mañá, previo ao encontro, ten que ser por esixencias da viaxe en Córdoba, Óscar Cano recorreu a #ABANCARIAZOR onte xoves e hoxe venres ás 10:30 para completar dúas sesións de alta carga táctica.

Esta mañá, tamén co fabrilista Brais Val no grupo, Os Nosos, após un quecemento con rondos, realizaron unha tarefa de finalizacións, repasaron o plan para o Nuevo Arcángel cun partido 11 contra 11 e acabaron con ensaio de accións a balón parado.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield) 更年期に悩んだら

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

1,982

7

2023/4/28

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人