デポルティーボ・ラ・コルーニャさんのインスタグラム写真 - (デポルティーボ・ラ・コルーニャInstagram)「#OSNOSOS | Traballo no #Dépor antes do descanso de mañá e "a partir do mércores non mirar máis aló, e o que teño en fronte é o Córdoba CF"  #OsNosos adestráronse esta mañá en #Abegondo antes de tomarse un respiro mañá martes.  Ao acabar o partido en #ABANCARIAZOR ante o AD Ceuta FC, Óscar Cano explicaba en rolda de prensa aos medios de comunicación que o obxectivo principal de hoxe luns no Deportivo era "adestrar ben" e "recuperar á xente que ten molestias".  O técnico branquiazul asegurou que "a partir do mércores non podo mirar máis aló e o que teño fronte aos meus narices é o Córdoba CF, a súa dificultade, que é a súa última opción de engancharse ao playoff", en referencia á próxima cita no grupo 1º de #PrimeraFederación, o domingo 30 de abril ás 18:00 no Nuevo Arcángel, en choque correspondente á 34ª xornada.  Óscar Cano insiste unha e outra vez en ir "aos poucos, con tranquilidade, sabendo que aínda queda moitísimo".  Esta mañá, os titulares ante o AD Ceuta FC completaron unha xornada de recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.  Para os demais membros do cadro, o corpo técnico dispuxo, após un quecemento, uns rondos, un exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido.  Pepe Sánchez é o único futbolista con traballo personalizado supervisado polo readaptador, Alejandro Canosa.  O seguinte adestramento para o #Dépor será o mércores 26 de abril partir das 10:30, con almorzo xa na instalación a partir das 9:00 horas.」4月24日 20時45分 - rcdeportivo

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 4月24日 20時45分


#OSNOSOS | Traballo no #Dpor antes do descanso de mañá e "a partir do mércores non mirar máis aló, e o que teño en fronte é o Córdoba CF"

#OsNosos adestráronse esta mañá en #Abegondo antes de tomarse un respiro mañá martes.

Ao acabar o partido en #ABANCARIAZOR ante o AD Ceuta FC, Óscar Cano explicaba en rolda de prensa aos medios de comunicación que o obxectivo principal de hoxe luns no Deportivo era "adestrar ben" e "recuperar á xente que ten molestias".

O técnico branquiazul asegurou que "a partir do mércores non podo mirar máis aló e o que teño fronte aos meus narices é o Córdoba CF, a súa dificultade, que é a súa última opción de engancharse ao playoff", en referencia á próxima cita no grupo 1º de #PrimeraFederacin, o domingo 30 de abril ás 18:00 no Nuevo Arcángel, en choque correspondente á 34ª xornada.

Óscar Cano insiste unha e outra vez en ir "aos poucos, con tranquilidade, sabendo que aínda queda moitísimo".

Esta mañá, os titulares ante o AD Ceuta FC completaron unha xornada de recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.

Para os demais membros do cadro, o corpo técnico dispuxo, após un quecemento, uns rondos, un exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Pepe Sánchez é o único futbolista con traballo personalizado supervisado polo readaptador, Alejandro Canosa.

O seguinte adestramento para o #Dpor será o mércores 26 de abril partir das 10:30, con almorzo xa na instalación a partir das 9:00 horas.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

1,403

1

2023/4/24

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人