デポルティーボ・ラ・コルーニャさんのインスタグラム写真 - (デポルティーボ・ラ・コルーニャInstagram)「#OSNOSOS | O #Dépor enfócase en #Abegondo "no que nós podemos facer ben"  Despois da xornada de descanso de onte martes, o #Dépor pon xa os cinco sentidos no partido de volta da semifinal do playoff de ascenso, o vindeiro domingo 11 de xuño ás 18:00 en Castalia.  Jaime, esta mesma mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva, e tralo 1-0 da ida en #ABANCARIAZOR, pide "centrarnos no que nós podemos facer ben".  É consciente o defensor andaluz que "o CD Castellón ten un gran equipo e hai que valorar os seus puntos fortes e débiles".  No entanto, valora "centrarnos no que podemos facer nós, que é o máis importante. Se facemos un bo partido non quere dicir que vaiamos gañar si ou si pero estaremos moito máis preto seguro".  Para iso, Rubén de la Barrera dispuxo esta chuviosa mañá, após un quecemento con rondos, dunha serie de exercicios tácticos xa enfocados cara ao choque da fin de semana entre os campos 2 e 3 da instalación branquiazul.  A única ausencia no campo foi Quiles, que segue co seu plan de recuperación supervisado polo readaptador Alejandro Canosa. Pola súa banda, Mella foi o representante de #ANOSACANTEIRA.  Mañá xoves, o #Dépor realizará a partir das 10:30 en #ABANCARIAZOR a primeira das dúas sesións previstas esta semana (a outra será o sábado 10 de abril) en #ANOSACASA.」6月7日 21時24分 - rcdeportivo

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 6月7日 21時24分


#OSNOSOS | O #Dpor enfócase en #Abegondo "no que nós podemos facer ben"

Despois da xornada de descanso de onte martes, o #Dpor pon xa os cinco sentidos no partido de volta da semifinal do playoff de ascenso, o vindeiro domingo 11 de xuño ás 18:00 en Castalia.

Jaime, esta mesma mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva, e tralo 1-0 da ida en #ABANCARIAZOR, pide "centrarnos no que nós podemos facer ben".

É consciente o defensor andaluz que "o CD Castellón ten un gran equipo e hai que valorar os seus puntos fortes e débiles".

No entanto, valora "centrarnos no que podemos facer nós, que é o máis importante. Se facemos un bo partido non quere dicir que vaiamos gañar si ou si pero estaremos moito máis preto seguro".

Para iso, Rubén de la Barrera dispuxo esta chuviosa mañá, após un quecemento con rondos, dunha serie de exercicios tácticos xa enfocados cara ao choque da fin de semana entre os campos 2 e 3 da instalación branquiazul.

A única ausencia no campo foi Quiles, que segue co seu plan de recuperación supervisado polo readaptador Alejandro Canosa. Pola súa banda, Mella foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, o #Dpor realizará a partir das 10:30 en #ABANCARIAZOR a primeira das dúas sesións previstas esta semana (a outra será o sábado 10 de abril) en #ANOSACASA.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

1,919

2

2023/6/7

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人