デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 7月19日 02時46分


🏆 #TERESAHERRERA | Deportivo - @redbullbragantino, Dépor ABANCA - @alavesfem e homenaxes a @maurosilvaofficial, @bebeto7 e Álex Bergantiños, o sábado 5 de agosto en #ABANCARIAZOR

O Trofeo Teresa Herrera, que en categoría masculina alcanza a súa LXXVIII edición e en feminina chega á XI, terá lugar o sábado 5 de agosto en #ABANCARIAZOR, co Red Bull Bragantino e o Deportivo Alavés Gloriosas, respectivamente, como rivais dos equipos branquiazuis, nunha xornada que terá como colofón as homenaxes a Mauro Silva, Bebeto e Álex Bergantiños.

Ás 17:00 horas, o #DporABANCA enfrontarase ao Deportivo Alavés Gloriosas, mentres que ás 19:30 o #Dpor medirase ao Red Bull Bragantino brasileiro coa Torre de Hércules de prata en xogo en ambos os casos.

A invitación ao Red Bull Bragantino responde os desexos do RC Deportivo de render tributo a Mauro Silva, ex xogador do conxunto brasileiro, e a Bebeto na temporada do 30º aniversario da súa conquista coa selección 'canarinha' da Copa do Mundo, que os converte nos únicos futbolistas que alcanzaron a cúspide do mundo do fútbol cando pertencían ao club branquiazul.

Entre ambos os encontros, nos prolegómenos do partido masculino, Mauro Silva e Bebeto, pedras angulares do inesquecible SuperDépor, recibirán a homenaxe por parte do RC Deportivo e a ovación da afección coruñesa. Mauro Silva, gañador de 6 títulos co Deportivo, é o terceiro xogador que máis partidos oficiais xogou coa camiseta branquiazul. Bebeto é o máximo goleador deportivista en Primera División (86 goles), na Recopa de Europa (6) e na Copa da UEFA (7).

Despois será a quenda de Álex Bergantiños. O capitán deportivista nos últimos anos acaba de abandonar o fútbol profesional despois de 21 temporadas ligado ao Dépor, desde a súa chegada en idade xuvenil. Ante o Red Bull Bragantino, o centrocampista coruñés saltará por última vez ao céspede de #ABANCARIAZOR para xogar os seus últimos minutos e recibir o aplauso do deportivismo.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

6,396

66

2023/7/19

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人