デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 12月2日 02時18分


Peche do segundo mes da #EscolaRCDeportivo con algunhas prazas aínda dispoñibles⠀

A Escola RC Deportivo, que este ano ten sede na Coruña, Ferrol, Boiro e Bertamiráns, pechou o mes de novembro, do mesmo xeito que o anterior, con marca de participación.⠀

Seguindo a metodoloxía baseada no protocolo específico do COVID-19, todos os participantes puideron gozar das sesións de adestramento de tecnificación, para a súa mellora individual.⠀

Salvo a quenda do luns da Escola RC Deportivo Coruña que se atopa completa, no resto de sedes aínda quedan algunhas prazas dispoñibles e as inscricións atópanse permanentemente abertas para quen desexe participar nesta actividade formativa da Fundación Real Club Deportivo.⠀

As idades comprendidas son dos 6 aos 14 anos e a participación mínima é un mes. Os adestramentos seguen o curso académico escolar e finalizarán no mes de xuño do próximo ano.⠀

Os adestradores comproban semana a semana a evolución de todos os nenos e nenas, tanto desde o punto de vista futbolístico como persoal, xa que en cada adestramento aplícase unha educación en valores Dépor, baseada na recollida e coidado do material, respecto polas explicacións dos adestradores e dos compañeiros, grao de implicación nas tarefas ou capacidade de esforzo, entre outros.⠀

Para consultar toda a información e formalizar a inscrición está dispoñible a páxina web http://escola.rcdeportivo.es/gl/.⠀

Para calquera dúbida ou consulta acerca da Escola RC Deportivo así como o proceso de inscrición os interesados poden escribir á dirección de correo electrónico escola@rcdeportivo.es.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

1,409

1

2020/12/2

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人