デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 11月30日 21時11分
#DEPORTIVISTAS, neste ano tan difícil por tantas razóns temos un último chamamento para TODOS VÓS!⠀
⠀
Apelamos á vosa solidariedade, a que somos milleiros que, sumando #anosaforza, podemos xuntar toneladas de alimentos e ilusión.⠀
⠀
Abrimos #ABANCARIAZOR para recoller alimentos e xoguetes de mércores a venres:⠀
⠀
Participa nesta campaña solidaria! Amosemos, unha vez máis, #OPesoDaNosaForza!⠀
⠀
O Real Club Deportivo, coa colaboración das penas Deportivistas, pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos e xoguetes a beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas e de Cruz Vermella A Coruña.⠀
⠀
As portas do Estadio ABANCA-RIAZOR abriranse, para todos os Deportivistas e coruñeses, os próximos días 2, 3 e 4 de decembro de 11:00 a 13:00 e de 15:30 a 18:30 horas para recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes para todas as idades (xoguetes de bebé, xogos de mesa, bonecos, bonecas e peluches, quebracabezas, contos, xogos e accesorios deportivos, xoguetes de oficios, libros, accesorios electrónicos e complementos de roupa).⠀
⠀
Será concretamente a porta 28 (Tribuna Inferior, rúa Manuel Murguía, xunto á DéporTienda) a que permaneza aberta para todos os que se queiran achegar a doar. No acceso de Tribuna Inferior farase a recollida e pesada dos alimentos e a recepción dos xoguetes.⠀
⠀
En agradecemento á solidariedade dos Deportivistas, o Dépor entregará a cada doante números para o sorteo de 10 camisetas do Dépor ou o Dépor ABANCA, 10 gorras, 10 bufandas e 5 balóns. Cuantos máis quilos ou xoguetes se doen, máis oportunidades hai de conseguir eses premios. Por cada 5 quilos de alimentos conseguirase un número para o sorteo, por cada xoguete 5 números para participar.⠀
⠀
Antes de marcharse do Estadio, o doante poderá asomarse ás primeiras filas de Tribuna Inferior para facerse unha foto de recordo da súa volta a #anosacasa xunto a un marcador que recolle os quilos de alimentos ou os xoguetes que doou para volver mostrar, co seu xesto solidario, o peso de #ANOSAFORZA.⠀
⠀
Deportivistas, grazas de antemán polas vosas doazóns e por colaborar en difundir esta campaña entre a maior cantidade de xente posible.
[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)
更年期に悩んだら
>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する
1,913
7
2020/11/30