デポルティーボ・ラ・コルーニャさんのインスタグラム写真 - (デポルティーボ・ラ・コルーニャInstagram)「O sábado podes estar por primeira vez xunto #asnosas! ⠀ ⠀ Os Socios do #Dépor poden optar a 100 invitacións dispoñibles para o #DéporABANCASanta Teresa do sábado ás 13:00 h. en #Abegondo ⠀ ⠀ Após a experiencia da pasada fin de semana en Abegondo co Fabril-Paiosaco, o Real Club Deportivo continúa dando pasos dentro das esixencias da actual situación, implementando o protocolo de apertura con aforo reducido da Cidade Deportiva de Abegondo tamén para o partido de Primera Iberdrola do próximo sábado ás 13:00 horas entre o Dépor ABANCA e a Santa Teresa estremeño.⠀ ⠀ Poden optar a unha das 100 invitacións dispoñibles todos os Socios do Real Club Deportivo que renovasen o seu carné antes do martes 27 de outubro ás 17:00 h.⠀ ⠀ Todos os Socios que teñan interese en poder dispor dunha entrada para o partido da xornada 4: Dépor ABANCA-Santa Teresa, deberán solicitalo formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimos números do DNI e correo electrónico.⠀ ⠀ Dado o escaso número de localidades dispoñibles, o Real Club Deportivo roga encarecidamente que unicamente soliciten invitación aqueles Socios que vaian poder acudir o sábado ao partido, para evitar que queden entradas sen utilizar.⠀ ⠀ Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da invitación; en caso de adxudicación de invitación, poder notificar ao socio que ten dereito de acceso á Cidade Deportiva; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.⠀ ⠀ A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o xoves 29 de outubro ás 10:00 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para o segundo partido da Temporada do Dépor ABANCA en Abegondo. Con cada solicitude obterase un código co que poderá consultar se finalmente adxudicar a posibilidade de dispor de invitación.⠀ ⠀ Posteriormente ao peche do prazo de solicitudes notificarase, vía correo electrónico, a aqueles que sexan adxudicatarios dunha invitación que dispoñen de entrada e o método de acceso á Cidade Deportiva.」10月28日 2時33分 - rcdeportivo

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 10月28日 02時33分


O sábado podes estar por primeira vez xunto #asnosas! ⠀

Os Socios do #Dpor poden optar a 100 invitacións dispoñibles para o #DporABANCASanta Teresa do sábado ás 13:00 h. en #Abegondo

Após a experiencia da pasada fin de semana en Abegondo co Fabril-Paiosaco, o Real Club Deportivo continúa dando pasos dentro das esixencias da actual situación, implementando o protocolo de apertura con aforo reducido da Cidade Deportiva de Abegondo tamén para o partido de Primera Iberdrola do próximo sábado ás 13:00 horas entre o Dépor ABANCA e a Santa Teresa estremeño.⠀

Poden optar a unha das 100 invitacións dispoñibles todos os Socios do Real Club Deportivo que renovasen o seu carné antes do martes 27 de outubro ás 17:00 h.⠀

Todos os Socios que teñan interese en poder dispor dunha entrada para o partido da xornada 4: Dépor ABANCA-Santa Teresa, deberán solicitalo formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimos números do DNI e correo electrónico.⠀

Dado o escaso número de localidades dispoñibles, o Real Club Deportivo roga encarecidamente que unicamente soliciten invitación aqueles Socios que vaian poder acudir o sábado ao partido, para evitar que queden entradas sen utilizar.⠀

Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da invitación; en caso de adxudicación de invitación, poder notificar ao socio que ten dereito de acceso á Cidade Deportiva; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.⠀

A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o xoves 29 de outubro ás 10:00 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para o segundo partido da Temporada do Dépor ABANCA en Abegondo. Con cada solicitude obterase un código co que poderá consultar se finalmente adxudicar a posibilidade de dispor de invitación.⠀

Posteriormente ao peche do prazo de solicitudes notificarase, vía correo electrónico, a aqueles que sexan adxudicatarios dunha invitación que dispoñen de entrada e o método de acceso á Cidade Deportiva.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,392

8

2020/10/28

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人