デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 3月22日 03時11分


#AbancaRiazor estreará este venres a iluminación perimetral completa do terreo de xogo

O Dépor-Almería que se disputa mañá en Abanca-Riazor a partir das 21:00 h. suporá a estrea do anel de iluminación completo do terreo de xogo d #anosacasa.

A infraestrutura instalada polo Real Club Deportivo en dúas fases, o pasado mes de setembro (Tribuna e Preferencia) e neste arranque de 2019 (Marathón e Pavillón), foi testada a pasada noite polos técnicos especialistas para garantir o seu correcto funcionamento de cara ao partido de mañá.

O proxecto de iluminación, no que o Real Club Deportivo investiu 1,9 millóns de euros, foi desenvolvido en base ás especificacións de LaLiga coa participación da empresa coruñesa Área 34 Enxeñaría e Servizos, utilizando proxectores Philips fornecidos por Grupo Novelec Galicia e instalados por Arias Infraestruturas.
Desde mañá, Abanca-Riazor contará con 352 proxectores operativos Philips ArenaVisión LED Floodlight de segunda xeración, cunha potencia unitaria de 1314 w e 147915 lum, que achegarán unha iluminancia media sobre o terreo de xogo que oscilará entre os 2639 e os 2793 luxes. Estes valores permiten retransmitir por televisión todos os eventos con tecnoloxía 4K. Desde o inicio de temporada e até o anterior partido os proxectores instalados e operativos no Estadio eran 200 deses 352.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

4,355

45

2019/3/22

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人