デポルティーボ・ラ・コルーニャさんのインスタグラム写真 - (デポルティーボ・ラ・コルーニャInstagram)「Lariño, xogador do Deportivo 'ascensor' da década dos 60, faleceu aos 79 anos ⠀ José Carlos Lariño Fernández, un dos compoñentes do Deportivo 'ascensor' dos anos 60 e pai dun dos actuais doutores do Club, faleceu aos 79 anos de idade hoxe xoves 31 de decembro.⠀ ⠀ Nacido o 27 de outubro de 1941 en Pontevedra, Lariño foi xogador deportivista durante seis temporadas (1961-1967). Na segunda delas, a 1962-1963, foi cedido ao Sporting de Gijón, pero regresou no mes de marzo para reforzar aos branquiazuis no tramo final do curso.⠀ ⠀ Fichado no verán de 1961 após destacar na Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, conxunto da parroquia pontevedresa do mesmo nome, pronto se converteu nun alicerce do equipo que acabaría logrando o ascenso a Primeira División uns meses máis tarde. A carreira de Lariño coa camiseta branquiazul estivo marcada, como as de tantos outros, por unha época na que o equipo ascendía e descendía en campañas consecutivas, sendo coñecido como o Deportivo 'ascensor'. Nas súas seis temporadas branquiazuis, Lariño celebrou tres ascensos a Primeira e chorou outros tantos descensos a Segunda.⠀ ⠀ O defensa pontevedrés xogou co Deportivo un total de 91 partidos, nos que marcou un só tanto, o 11 de marzo de 1962 en campo do Sanse, filial da Real Sociedad ao que o Deportivo venceu por 1-2 en partido da 27ª xornada de Segunda División. Lariño defendeu a camiseta branquiazul en Primeira (17 partidos), Segunda (56 e 1 gol), a maldita promoción co Levante UD en 1963 (2) e Copa (16).⠀ ⠀ Trala súa saída do Deportivo, Lariño asinou polo Real Valladolid, no que xogou dúas campañas en Segunda División (1967-1969), para regresar a Galicia ao fichar polo CD Ourense, co que disputou as súas dúas últimas temporadas en activo (1969-1971).⠀ ⠀ O RC Deportivo desexa mostrar o seu máis sentido e sincero pésame a familiares, amigos, ex compañeiros, a todo o deportivismo e en especial ao doutor Carlos Lariño, médico do Club desde 2007. DEP.」12月31日 23時03分 - rcdeportivo

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 12月31日 23時03分


Lariño, xogador do Deportivo 'ascensor' da década dos 60, faleceu aos 79 anos

José Carlos Lariño Fernández, un dos compoñentes do Deportivo 'ascensor' dos anos 60 e pai dun dos actuais doutores do Club, faleceu aos 79 anos de idade hoxe xoves 31 de decembro.⠀

Nacido o 27 de outubro de 1941 en Pontevedra, Lariño foi xogador deportivista durante seis temporadas (1961-1967). Na segunda delas, a 1962-1963, foi cedido ao Sporting de Gijón, pero regresou no mes de marzo para reforzar aos branquiazuis no tramo final do curso.⠀

Fichado no verán de 1961 após destacar na Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, conxunto da parroquia pontevedresa do mesmo nome, pronto se converteu nun alicerce do equipo que acabaría logrando o ascenso a Primeira División uns meses máis tarde. A carreira de Lariño coa camiseta branquiazul estivo marcada, como as de tantos outros, por unha época na que o equipo ascendía e descendía en campañas consecutivas, sendo coñecido como o Deportivo 'ascensor'. Nas súas seis temporadas branquiazuis, Lariño celebrou tres ascensos a Primeira e chorou outros tantos descensos a Segunda.⠀

O defensa pontevedrés xogou co Deportivo un total de 91 partidos, nos que marcou un só tanto, o 11 de marzo de 1962 en campo do Sanse, filial da Real Sociedad ao que o Deportivo venceu por 1-2 en partido da 27ª xornada de Segunda División. Lariño defendeu a camiseta branquiazul en Primeira (17 partidos), Segunda (56 e 1 gol), a maldita promoción co Levante UD en 1963 (2) e Copa (16).⠀

Trala súa saída do Deportivo, Lariño asinou polo Real Valladolid, no que xogou dúas campañas en Segunda División (1967-1969), para regresar a Galicia ao fichar polo CD Ourense, co que disputou as súas dúas últimas temporadas en activo (1969-1971).⠀

O RC Deportivo desexa mostrar o seu máis sentido e sincero pésame a familiares, amigos, ex compañeiros, a todo o deportivismo e en especial ao doutor Carlos Lariño, médico do Club desde 2007. DEP.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,824

31

2020/12/31

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人