デポルティーボ・ラ・コルーニャさんのインスタグラム写真 - (デポルティーボ・ラ・コルーニャInstagram)「A Cidade Deportiva da Torre recibe o nome de Arsenio Iglesias no 90 aniversario da lenda branquiazul. Parabéns míster!⠀ ⠀ Após o recoñecemento no principio do ano de Arsenio Iglesias como fillo adoptivo da Coruña, hoxe, coincidindo cos 90 aniversario da lenda Deportivista, a Cidade Deportiva da Torre pasa a levar "como apelidos" o nome do exjugador e exentrenador branquiazul. Esta é unha das distincións aprobadas por unanimidade pola coporación municipal herculina, representada no acto presidido pola alcaldesa e ao que tamén acudiron familiares e amigos de Arsenio. O Real Club Deportivo estivo representado polo seu conselleiro Antonio Armenteros.⠀ ⠀ ⠀ ⠀ O seu fillo Pablo falou en nome de Arsenio (de quen asegurou que se atopa moi ben de cabeza aínda que cos problemas de mobilidade e forza causados por esa enfermidade con nome de fornido dianteiro inglés, un tal Parkinson) e da familia, agradecendo o recoñecemento da cidade e do deportivismo aos méritos contraídos por Arsenio ao longo da súa carreira. 25 anos no Deportivo nos que, ademais de disputar 141 partidos coa branquiazul en Primeira División, sentou no banco 566 veces. É por tanto (con 189 máis que Javier Irureta) o adestrador que máis veces dirixiu ao Dépor e o que conseguiu o primeiro título de #anosahistoria, a Copa do Rei da que neste 2020 cúmprense 25 anos, o seu último encontro aos mandos do equipo.⠀ ⠀ ⠀ ⠀ Ademais dos seus logros deportivos, merecedores por si sós do recoñecemento, tamén se destacaron os seus valores persoais de humildade, traballo, perseveranza e sentidiño para lograr chegar todo o máis alto na súa profesión, un bo exemplo para os miles de nenas e nenos que cada ano practican deporte na Cidade Deportiva da Torre, desde hoxe, Arsenio Iglesias.」12月24日 22時31分 - rcdeportivo

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 12月24日 22時31分


A Cidade Deportiva da Torre recibe o nome de Arsenio Iglesias no 90 aniversario da lenda branquiazul. Parabéns míster!⠀

Após o recoñecemento no principio do ano de Arsenio Iglesias como fillo adoptivo da Coruña, hoxe, coincidindo cos 90 aniversario da lenda Deportivista, a Cidade Deportiva da Torre pasa a levar "como apelidos" o nome do exjugador e exentrenador branquiazul. Esta é unha das distincións aprobadas por unanimidade pola coporación municipal herculina, representada no acto presidido pola alcaldesa e ao que tamén acudiron familiares e amigos de Arsenio. O Real Club Deportivo estivo representado polo seu conselleiro Antonio Armenteros.⠀



O seu fillo Pablo falou en nome de Arsenio (de quen asegurou que se atopa moi ben de cabeza aínda que cos problemas de mobilidade e forza causados por esa enfermidade con nome de fornido dianteiro inglés, un tal Parkinson) e da familia, agradecendo o recoñecemento da cidade e do deportivismo aos méritos contraídos por Arsenio ao longo da súa carreira. 25 anos no Deportivo nos que, ademais de disputar 141 partidos coa branquiazul en Primeira División, sentou no banco 566 veces. É por tanto (con 189 máis que Javier Irureta) o adestrador que máis veces dirixiu ao Dépor e o que conseguiu o primeiro título de #anosahistoria, a Copa do Rei da que neste 2020 cúmprense 25 anos, o seu último encontro aos mandos do equipo.⠀



Ademais dos seus logros deportivos, merecedores por si sós do recoñecemento, tamén se destacaron os seus valores persoais de humildade, traballo, perseveranza e sentidiño para lograr chegar todo o máis alto na súa profesión, un bo exemplo para os miles de nenas e nenos que cada ano practican deporte na Cidade Deportiva da Torre, desde hoxe, Arsenio Iglesias.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

3,467

31

2020/12/24

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人