デポルティーボ・ラ・コルーニャさんのインスタグラム写真 - (デポルティーボ・ラ・コルーニャInstagram)「Quen é quen na ilustración dos #114anosXUNTOS⠀ ⠀ Hoxe celebramos os 114 anos do primeiro partido que disputomos na nosa historia fronte ao Coruña cunha composición que retrata a futbolistas que a escribiron desde entón e até hoxe enmarcardos entre Virgilio Rodríguez Rincón e o actual capitán Álex Bergantiños. Até chegar ao xogador da Sagrada, atopamos na obra a todos estes históricos do Dépor:⠀ Virgilio Rodríguez Rincón, o autor do primeiro gol do equipo en 1906, presidente en dúas épocas e falecido como abonado número 1 despois de 72 anos como socio.⠀ Federico Fernández Amor-Calvet, o fundador do Club.⠀ Os sete xogadores con máis partidos oficiais e que superaron os 350 encontros de branquiazul: Fran (700), Manuel Pablo (477), Mauro Silva (459), Valerón (422), Donato (393), Sergio (383) e Juan Acuña (363), o porteiro con máis partidos oficiais e gañador de 4 Trofeos Zamora⠀ Os cinco xogadores con máis goles en partidos oficiais: Tristán (110: máximo goleador en Europa -16- e en Champions -15-), Traba (108), Veloso (106: máximo goleador en Segunda -77-), Chacho (105: que aparece na formación dos anos 30) e Bebeto (102: tamén máximo goleador en Primeira -86-). A eles acompáñaos José Luis Vara, único centrocampista que logrou un Pichichi no fútbol español e Makaay, Bota de Ouro vestindo As Nosas Cores.⠀ A composición tamén recolle algúns goles icónicos destes 114 anos, xunto ao de Donato que abriu o camiño de LaLiga do 2000:⠀ - Beci ao Rayo en 1971⠀ - Vicente ao Racing en 1988⠀ - Alfredo á Valencia na final de Copa 1995⠀ - Sergio en Old Trafford en 2001 ⠀ Tamén atopamos algunhas formacións históricas:⠀ - De pé: Fariña, Rodrigo, Chacho e compañía, o equipo que eliminou da Copa ao Real Madrid en 1932 e agachados: a Orquestra Canaro, a dianteira que marcou época nos anos 50: Corcuera, Oswaldo, Franco, Moll e Tino⠀ E lugares destacados como os nosos dous estadios:⠀ - Edificio de vestiarios do Parque de Riazor, a nosa primeira casa (1909-1944)⠀ - O Pórtico de Olimpia e a Torre de Marathón, como símbolos do Estadio de Riazor⠀ #AsNosas ou o ciclista Delio Rodríguez, en representación do case medio século que o Deportivo foi un club polideportivo, completan o cadro.」12月9日 4時00分 - rcdeportivo

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 12月9日 04時00分


Quen é quen na ilustración dos #114anosXUNTOS⠀

Hoxe celebramos os 114 anos do primeiro partido que disputomos na nosa historia fronte ao Coruña cunha composición que retrata a futbolistas que a escribiron desde entón e até hoxe enmarcardos entre Virgilio Rodríguez Rincón e o actual capitán Álex Bergantiños. Até chegar ao xogador da Sagrada, atopamos na obra a todos estes históricos do Dépor:⠀
Virgilio Rodríguez Rincón, o autor do primeiro gol do equipo en 1906, presidente en dúas épocas e falecido como abonado número 1 despois de 72 anos como socio.⠀
Federico Fernández Amor-Calvet, o fundador do Club.⠀
Os sete xogadores con máis partidos oficiais e que superaron os 350 encontros de branquiazul: Fran (700), Manuel Pablo (477), Mauro Silva (459), Valerón (422), Donato (393), Sergio (383) e Juan Acuña (363), o porteiro con máis partidos oficiais e gañador de 4 Trofeos Zamora⠀
Os cinco xogadores con máis goles en partidos oficiais: Tristán (110: máximo goleador en Europa -16- e en Champions -15-), Traba (108), Veloso (106: máximo goleador en Segunda -77-), Chacho (105: que aparece na formación dos anos 30) e Bebeto (102: tamén máximo goleador en Primeira -86-). A eles acompáñaos José Luis Vara, único centrocampista que logrou un Pichichi no fútbol español e Makaay, Bota de Ouro vestindo As Nosas Cores.⠀
A composición tamén recolle algúns goles icónicos destes 114 anos, xunto ao de Donato que abriu o camiño de LaLiga do 2000:⠀
- Beci ao Rayo en 1971⠀
- Vicente ao Racing en 1988⠀
- Alfredo á Valencia na final de Copa 1995⠀
- Sergio en Old Trafford en 2001 ⠀
Tamén atopamos algunhas formacións históricas:⠀
- De pé: Fariña, Rodrigo, Chacho e compañía, o equipo que eliminou da Copa ao Real Madrid en 1932 e agachados: a Orquestra Canaro, a dianteira que marcou época nos anos 50: Corcuera, Oswaldo, Franco, Moll e Tino⠀
E lugares destacados como os nosos dous estadios:⠀
- Edificio de vestiarios do Parque de Riazor, a nosa primeira casa (1909-1944)⠀
- O Pórtico de Olimpia e a Torre de Marathón, como símbolos do Estadio de Riazor⠀
#AsNosas ou o ciclista Delio Rodríguez, en representación do case medio século que o Deportivo foi un club polideportivo, completan o cadro.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

3,133

37

2020/12/9

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人