デポルティーボ・ラ・コルーニャさんのインスタグラム写真 - (デポルティーボ・ラ・コルーニャInstagram)「A #EscolaRCDeportivo abrirá as súas portas no Concello de Ames da man do Bertamirans FC⠀ ⠀ O campo de fútbol municipal de Ames acolleu hoxe luns a presentación do acordo entre o Real Club Deportivo e o Bertamiráns FC. Rafael Budiño (presidente Bertamiráns FC), Sergio Pernas (director deportivo do club), Fran González (director de fútbol base do RC Deportivo) e Pablo Barros (coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo) representaron no acto a todas as partes involucradas no proxecto. Os xogadores e as xogadoras alevíns e benxamíns do club puideron manter unha charla con Fran, que respondeu a todas as preguntas dos participantes.⠀ ⠀ As inscricións xa se atopan abertas, para nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, na web http://escola.rcdeportivo.es/gl/. A Escola RC Deportivo de Bertamiráns terá dúas quendas dispoñibles, os martes de 16:30 a 17:30 ou de 17:30 a 18:30 horas, coa opción de poder adestrar unha ou dúas horas á semana.⠀ ⠀ As clases levaranse a cabo durante toda a temporada até xuño e a participación mínima é un mes. As prazas son limitadas e aplicarase un protocolo de medidas hixiénico-sanitarias especial fronte á COVID-19.⠀ ⠀ A Fundación Real Club Deportivo mantén activa, por terceira temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan contidos complementarios ao traballo que xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.⠀ ⠀ Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00.」9月30日 19時36分 - rcdeportivo

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 9月30日 19時36分


A #EscolaRCDeportivo abrirá as súas portas no Concello de Ames da man do Bertamirans FC⠀

O campo de fútbol municipal de Ames acolleu hoxe luns a presentación do acordo entre o Real Club Deportivo e o Bertamiráns FC. Rafael Budiño (presidente Bertamiráns FC), Sergio Pernas (director deportivo do club), Fran González (director de fútbol base do RC Deportivo) e Pablo Barros (coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo) representaron no acto a todas as partes involucradas no proxecto. Os xogadores e as xogadoras alevíns e benxamíns do club puideron manter unha charla con Fran, que respondeu a todas as preguntas dos participantes.⠀

As inscricións xa se atopan abertas, para nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, na web http://escola.rcdeportivo.es/gl/. A Escola RC Deportivo de Bertamiráns terá dúas quendas dispoñibles, os martes de 16:30 a 17:30 ou de 17:30 a 18:30 horas, coa opción de poder adestrar unha ou dúas horas á semana.⠀

As clases levaranse a cabo durante toda a temporada até xuño e a participación mínima é un mes. As prazas son limitadas e aplicarase un protocolo de medidas hixiénico-sanitarias especial fronte á COVID-19.⠀

A Fundación Real Club Deportivo mantén activa, por terceira temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan contidos complementarios ao traballo que xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.⠀

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

1,834

7

2020/9/30

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人