セルタ・デ・ビーゴさんのインスタグラム写真 - (セルタ・デ・ビーゴInstagram)「📝 Comunicado do RC Celta . Confianza, temor, angustia, satisfacción, medo, alivio, nerviosismo, optimismo, alegría... O abanico de sentimentos que experimentou nas últimas horas o celtismo é interminable. Non é a primeira vez que ese tobogán inmenso aparece de súpeto no camiño, pero quizá este foi o máis longo de todos. O RC Celta sumará a súa novena tempada consecutiva en Primeira División e mantén a segunda mellor serie da súa historia moderna na máxima categoría. . Non foi un camiño fácil, nin pracenteiro. Foi duro e tortuoso, con obstáculos inesperados, pero ao final, co traballo de todos, foi o soñado. No campo, o celtismo axudou e empuxou até a extenuación mentres puido e cando tivo que afastarse o fixo co mesmo empeño por todos os medios ao seu alcance. A primeira mensaxe do club non pode ser outra que a de agradecemento por ese ánimo, a paciencia e a comprensión, o optimismo e a forza transmitidos. . Chega agora o descanso, que será breve, para iniciar unha nova tempada en Primeira División. Até aquí, até esta novena campaña na máxima categoría, chegamos todos xuntos. Desde aquí, iniciaremos, unidos, unha nova aventura na que, sen dúbida, florecerán, coma sempre, a ilusión e a esperanza. . Ala Celta!」7月20日 20時31分 - rccelta

セルタ・デ・ビーゴのインスタグラム(rccelta) - 7月20日 20時31分


📝 Comunicado do RC Celta
.
Confianza, temor, angustia, satisfacción, medo, alivio, nerviosismo, optimismo, alegría... O abanico de sentimentos que experimentou nas últimas horas o celtismo é interminable. Non é a primeira vez que ese tobogán inmenso aparece de súpeto no camiño, pero quizá este foi o máis longo de todos. O RC Celta sumará a súa novena tempada consecutiva en Primeira División e mantén a segunda mellor serie da súa historia moderna na máxima categoría.
.
Non foi un camiño fácil, nin pracenteiro. Foi duro e tortuoso, con obstáculos inesperados, pero ao final, co traballo de todos, foi o soñado. No campo, o celtismo axudou e empuxou até a extenuación mentres puido e cando tivo que afastarse o fixo co mesmo empeño por todos os medios ao seu alcance. A primeira mensaxe do club non pode ser outra que a de agradecemento por ese ánimo, a paciencia e a comprensión, o optimismo e a forza transmitidos.
.
Chega agora o descanso, que será breve, para iniciar unha nova tempada en Primeira División. Até aquí, até esta novena campaña na máxima categoría, chegamos todos xuntos. Desde aquí, iniciaremos, unidos, unha nova aventura na que, sen dúbida, florecerán, coma sempre, a ilusión e a esperanza.
.
Ala Celta!


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

13,656

393

2020/7/20

セルタ・デ・ビーゴを見た方におすすめの有名人