デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 5月18日 05時29分


#Dpor Benxamín A e Calasanz, campións do XVI #TorneoRCDeportivo⠀

O Benxamín A branquiazul e o Calasanz A Prebenxamín proclamáronse campións do XVI Torneo RC Deportivo, que se disputou na Cidade Deportiva de Abegondo ao longo deste venres 17 de maio, Día das Letras Galegas.⠀

O equipo deportivista superou no partido definitivo ao RC Celta, que viña de eliminar ao Benxamín B nas semifinais. Na gran final, os branquiazuis, sempre por diante no marcador, acabaron derrotando ao equipo vigués por 4-3.⠀

Minutos antes, CD Calasanz A e UD Mos protagonizaron unha final Prebenjamín con suspense, pois non se decidiu até a quenda de penaltis despois de 30 minutos de partido e outros 5 de prórroga que concluíron con empate (1-1).⠀

O XVI Torneo Real Club Deportivo congregou a 198 equipos (84 prebenjamines e 114 benjamines) pertencentes a 71 clubs de toda Galicia, co que participaron no mesmo ao redor de 3.000 rapaces.⠀

Os partidos arrancaron ás 09:00 horas e estendéronse até as 21:30, hora á que concluíu a final Benxamín. Os terreos de herba natural da cidade deportiva se dividiron en 16 campos e polas instalacións do RC Deportivo pasaron unhas 10.000 persoas, que ademais de gozar dunha inesquecible xornada de fútbol tiveron á súa disposición unha ampla área de recreo e restauración, que ocupou boa parte do terreo de xogo de herba artificial.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,360

9

2019/5/18

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人