Benvidos e grazas polo apoio! R (@os_de_r), novo patrocinador do #Dépor de #LaLigaGenuine⠀ ⠀ Tino Fernández, presidente do Real Club Deportivo e máis Alfredo Ramos, director xeral de R, anunciaron esta mañá no Estadio Abanca-Riazor o patrocinio de R ao Dépor de LaLiga Genuine. Co devandito acordo, o operador galego de comunicación convértese, durante as temporadas 2018-2019 e 2019-2020, en patrocinador deste conxunto do Deportivo que xoga na competición de equipos do colectivo DI (persoas con discapacidade intelectual) organizada por LaLiga.⠀ ⠀ R estará presente, ao longo de ambas as dúas campañas, en todos os partidos amigables ou oficiais que xogue o conxunto Deportivo Genuine, organizados polo Real Club Deportivo ou pola Fundación do club, na Cidade Deportiva de Abegondo, e tamén nos adestramentos nese campo e máis no da Cidade Deportiva da Torre.⠀ ⠀ Así, o patrocinio traducirase, entre outras accións, na presenza do logo de R no equipamento dos xogadores e do equipo técnico tanto nos encontros que dispute o Genuine coma nos adestramentos e actos nos que leven a indumentaria do club. Así mesmo, a marca do operador galego vai figurar na web do Deportivo e no videomarcador da Cidade Deportiva de Abegondo.⠀ ⠀ O presidente Tino Fernández salientou que “novamente, como os demáis patrocinadores principais do Club, unha marca de gran prestixio da nosa comunidade e pertencente a un grupo importante a nivel nacional, vencéllase ao Dépor. Neste caso R faino a través dunha das actividades máis ilusionantes de cantas puxemos en marcha nos últimos 5 anos. Participar neste proxecto de LaLiga é unha satisfacción enorme para todos os que formamos o Deportivo por todo o que transmite, algo que imos vivir máis de cerca e con máis intensidade se cabe esta fin de semana coa chegada da competición á Cidade Deportiva de Abegondo”.⠀ ⠀ Pola súa banda Alfredo Ramos, director xeral de R, expresou a súa satisfacción polo feito de que “R sexa a marca elixida polo club coruñés para patrocinar o Deportivo Genuine. Este acordo -engadiu- resume perfectamente a nosa aposta compartida polo deporte, pola integración social e por valores tan importantes coma os que transmite o deporte.”

rcdeportivoさん(@rcdeportivo)が投稿した動画 -

デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 2月1日 01時21分


Benvidos e grazas polo apoio! R (@os_de_r), novo patrocinador do #Dpor de #LaLigaGenuine⠀

Tino Fernández, presidente do Real Club Deportivo e máis Alfredo Ramos, director xeral de R, anunciaron esta mañá no Estadio Abanca-Riazor o patrocinio de R ao Dépor de LaLiga Genuine. Co devandito acordo, o operador galego de comunicación convértese, durante as temporadas 2018-2019 e 2019-2020, en patrocinador deste conxunto do Deportivo que xoga na competición de equipos do colectivo DI (persoas con discapacidade intelectual) organizada por LaLiga.⠀

R estará presente, ao longo de ambas as dúas campañas, en todos os partidos amigables ou oficiais que xogue o conxunto Deportivo Genuine, organizados polo Real Club Deportivo ou pola Fundación do club, na Cidade Deportiva de Abegondo, e tamén nos adestramentos nese campo e máis no da Cidade Deportiva da Torre.⠀

Así, o patrocinio traducirase, entre outras accións, na presenza do logo de R no equipamento dos xogadores e do equipo técnico tanto nos encontros que dispute o Genuine coma nos adestramentos e actos nos que leven a indumentaria do club. Así mesmo, a marca do operador galego vai figurar na web do Deportivo e no videomarcador da Cidade Deportiva de Abegondo.⠀

O presidente Tino Fernández salientou que “novamente, como os demáis patrocinadores principais do Club, unha marca de gran prestixio da nosa comunidade e pertencente a un grupo importante a nivel nacional, vencéllase ao Dépor. Neste caso R faino a través dunha das actividades máis ilusionantes de cantas puxemos en marcha nos últimos 5 anos. Participar neste proxecto de LaLiga é unha satisfacción enorme para todos os que formamos o Deportivo por todo o que transmite, algo que imos vivir máis de cerca e con máis intensidade se cabe esta fin de semana coa chegada da competición á Cidade Deportiva de Abegondo”.⠀

Pola súa banda Alfredo Ramos, director xeral de R, expresou a súa satisfacción polo feito de que “R sexa a marca elixida polo club coruñés para patrocinar o Deportivo Genuine. Este acordo -engadiu- resume perfectamente a nosa aposta compartida polo deporte, pola integración social e por valores tan importantes coma os que transmite o deporte.”


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,055

8

2019/2/1

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人