デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 4月16日 02時06分


Mauro Silva deixounos unha mensaxe: "temos que crer porque #xuntosPoDÉse". Ademáis deixounos 25 camisetas d #osnosos asinadas por el, Clarence Seedorf e o xogador dono da camiseta. Eles, coma ti, están seguros de que #SSePuede!
#ImosPetarAbancaRiazor #EuNonMeBaixo

Ademais da mensaxe de unidade, ánimo e esperanza de Mauro Silva á súa chegada a Coruña o pasado mércores, a lenda branquiazul quixo deixar asinadas 25 camisetas, unha de cada un dos xogadores do equipo do Dépor. Xunto á súa firma, a do adestrador do Dépor, Clarence Seedorf e a do futbolista dono da camiseta, coa que o equipo e o Club queren agradecer aos socios o seu apoio durante a temporada e especialmente neste tramo decisivo da competición.

As 25 camisetas serán sorteadas entre todos os socios do Dépor cuxo carné de socio sexa utilizado para acceder ao partido Dépor-Sevilla para animar ao equipo nun dos choques máis transcendentais da temporada.

Todos os códigos dos carnés lidos, como en anteriores sorteos, entrarán nun sistema automático de xeración aleatoria de números para determinar que 25 socios do Dépor levan cada unha das camisetas de #OsNosos asinadas por Mauro Silva.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

1,510

14

2018/4/16

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人